¿Chegará a austeridade de Feijóo “o clube dos 12”?
- Detalles
- Categoría: Opinión
- Publicado en Jueves, 08 Septiembre 2011 15:15
- Escrito por editorialweb
EDITORIAL DE ANOSAGALICIA. Sobre a austeridade e o consello de Administración da CRTVG.
Editorial Anosagalicia
Aínda que defendemos que a xente vote sempre en tódalas eleccións, as veces non nós extrana que os cidadáns pensen en absterse. Unha das premisas electorais de Feijóo e do Partido Popular e un dos requerimentos da sociedade é a austeridade.
O fin e o cabo é o que lle pedimos os nosos gobernantes, e máis cando fan diso unha bandeira política. Cónstanos que na Xunta de Galicia houbo medidas nesa dirección, pero supoñemos que haberá que reducir gastos pouco produtivos e tamén damos por descontado que o Presidente da Xunta e o seu equipo agradecerá todo tipo de consellos polo ben de Galicia.E en Anosagalicia estamos precisamente para iso, para defender a nosa terra.
En maio de 2010 leemos en “El País” que “Los consejeros de CRTVG cobran 6.200 euro al mes sin exclusividad”. Anosagalicia fixo unha reportaxe nesa dirección que lle ocasionou algún reproche. E hoxe , desde a nosa modestia, e ante o silencio cómplice dos distintos partidos, preguntámonos se a austeridade e a técnica de “apretarse o cinturón” afectará só a obras públicas e outros investimentos ou tamén ó “Clube dos 12”. Referímonos o orzamento descomunal que se gasta no Consello de Administración.¿Son necesarios tantos cargos e tan altos soldos?.
Segundo a CRTVG foron 12 as personas de “acreditado prestixio profesional” elixidas en proporción por PP, PSOE e BNG. E nós supoñemos que o Presidente da Xunta debería de tomar nota, para evitar “unha nota discordante” na partitura da austeridade. Se estamos en crise, afectará a todos.




