“Un medio necesario en Galicia”
- Detalles
- Categoría: Opinión
- Publicado en Jueves, 21 Julio 2011 00:12
- Escrito por editorial
Por Víctor López Sabadelle
Anosagalicia está de estrea. E eu lémbrome perfectamente que foi en agosto de 2005 cando descubrín na rede a Anosacosta.com.
Naqueles tempos non había moita oferta informativa na rede para o noroeste coruñés. Seis anos despois os números falan por sí sós. A repercusión deste medio dixital nalgúns concellos como Santa Comba, Vimianzo ou Carballo e moi importante, e en xeral nas bisbarras do Xallas, Bergantiños, Soneira e Fisterra son moitos os lectores que seguen o diario on line.
En marzo de 2009 chegaba Anosagalicia, que foi dando pequenos pasos e sumando lectores asiduos de xeito humilde. E agora chegoulle o momento de dar o salto. Máis sustancia da que saben ofrecer os meus compañeiros, e o que destaca é a nova imaxe, que vai xa en consonancia coas personas que están detrás deste invento.
E este servidor tamén deixará aquí os seus comentarios. Desde Galicia e para Galicia. Neste primeiro post, só quero desexarlle moita sorte a este novo proxecto e convidarvos a todos a que sexádes partícipes “deste xeito de ver Galicia”.



