ANOSAGALICIA

Información da nosa terra

Sáb05192012

Last update09:46:00 AM

Publicidad
publidcha

“A curiosidade é a mellor ferramenta dos xornalistas”

Esperanza Calvo

Esperanza Calvo é unha xornalista galega de Telecinco que acadou recentemente protagonismo por gañar, xunto con Berni Villa, o Premio Defensa 2011 por unha reportaxe titulada “Aprendices de Soldado”. Pero a traxectoria desta veciña de Santa Comba(A Coruña), é bastante dilatada pese a súa xuventude, e xa traballou en medios como a TVG ou Antena 3, e é coautora do libro “Noche sin estrellas”. Esperanza atendeu a chamada de Anosagalicia.

P- ¿Tí querías ser xornalista xa de pequena ou foi unha elección xa máis madura?

 

R- A miña vocación xestouse xa dende ben cativa. Lembro que no Colexio Público de Santa Comba (o Barrié de la Maza) tiñamos un xornal que se chamaba "O Lareteiro do Xallas" Sacabamos un ó ano, pero para min era todo un acontecemento. Xa no BUP tamén participei na elaboración dunha revista que tiñamos no Colexio Manuel Peleteiro de Santiago. Ahí xa decidín estudar xornalismo.

 

P- Unha xornalista nova que acaba de recibir un premio importante.¿Como recibiches a noticia?

R- Recibín a noticia en Santa Comba, con moita sorpresa e ledicia. A reportaxe grabouse en Uganda en Setembro do  2010 polo que casi xa nin me lembraba. Recibín os parabéns dos meus compañeiros de Informativos Tele5 e da profesión en xeral. Tamén dos meus veciños de Santa Comba.

 

P-¿Segues en contacto a miúdo con Santa Comba?

R- Veño a Santa Comba sempre que poido. Aquí están as miñas raíces, a miña familia e os meus amigos de toda a vida.

 

P- ¿Cal crees que é o segredo para ser unha boa xornalista?

R- A curiosidade é a mellor ferramenta dos xornalistas. Tamén a humildade. Temos que estar aprendendo contínuamente e nunca dar as cousas por feitas ou por sabidas.

 

P-Unha profesión que tamén terá os seus momentos duros¿Non?

R- Os malos momentos hainos en tódalas profesións. Non son exclusivos do xornalismo. Hai que afrontalos con profesionalidade e seguir cara adiante.

 

P- ¿Cal foi a reportaxe da que te sentes máis orgullosa?

R- Estamos moi orgullosos da reportaxe sobre a piratería no Índico, pero tamén teño que destacar una serie de reportaxes que grabamos este ano en Colombia sobre turismo sexual infantíl. Son realidades terribles e o noso deber é denuncialas.

 

P- ¿E agora cales son os teus plans de futuro?

R- O meu futuro inmediato pasa por China. Esta semana marcho a vivir a Pekín, onde exercerei a miña profesión e intentarei (con todalas miñas forzas) aprender chinés.

Publicidad
publidcha
Publicidad
publidcha
Publicidad
publidcha

OPINION

CULTURA

TECNOLOGIA

EXTERIOR

MULTIMEDIA

CONFIDENCIAL