O nacionalismo é garantía de honradez
- Detalles
- Categoría: Ciberdialogos
- Publicado en Martes, 12 Julio 2011 18:53
- Escrito por Super User
Rubén Cela é o candidato do BNG a alcaldía de Santiago de Compostela. Quere apostar pola creación de emprego, polos servizos sociais e pola identidade galega.
O candidato do BNG á Alcaldía de Santiago de Compostela, Rubén Cela, afirma nesta entrevista que “a xente quere que o nacionalismo forme parte do Goberno desta cidade, porque é garantía de saber facer, de honradez, de rigorosidade no traballo e de compromiso”. Rubén Cela é licenciado en Economía pola USC e especialista en Dereito Tributario, e responsábel local do BNG e milita no nacionalismo desde os 16 anos, nos Comités Abertos de Estudantes (CAE), nos Comités Abertos de Facultade (CAF) e en Galiza Nova, da que foi secretario xeral. Foi director xeral de Xuventude da Xunta de Galiza e, actualmente, traballa como economista no ámbito da consultoría privada. 1-¿Como valora esta lexislatura? 2-¿Qué lle diría a persoa que poida pensar que o BNG só é un comodín para que poida haber un alcalde socialista en Compostela? 3- ¿Qué perspectivas electorais teñen? 4- ¿Que necesita esta cidade?"O Xacobeo demostrou que non foi a panacea para Santiago, que viñese ou non Zapatero foi indiferente".
Creo que este mandato no que o BNG ostentou as áreas de Cultura, Promoción Económica, Medio Ambiente e Rehabilitación foi moi positivo para a cidade, como tamén o foi a última década na que os nacionalistas estivemos no Goberno de Santiago. Non só os diversos premios recibidos, senón tamén os cidadáns e cidadás recoñecen o labor distintivo do BNG no Concello de Santiago. A partir de agora, seguiremos por esta liña iniciada, aproveitando a experiencia adquirida pero tamén con nova seiva e enerxía que lle dará un impulso decidido ao proxecto nacionalista de Compostela.
O BNG ten un proxecto de cidade que, nalgúns casos, pode que conflúa co doutras forzas políticas cando o que propoñen é favorábel ao desenvolvemento da cidade. Aínda así, os nacionalistas temos un modelo propio que, coa axuda dos santiagueses e santiaguesas, poderemos plasmar, deixando o selo distintivo das cousas ben feitas que conseguen unha cidade máis habitábel e sostíbel.
Presentámonos cun Programa de Goberno 2011-2015 para realizar no vindeiro mandato, presentámonos, como é lexítimo, para acadar o maior número de apoios ao noso proxecto e o que percibimos durante os encontros que mantemos con diversos colectivos da cidade é unha gran receptividade e unha corrente de simpatía cara ao BNG. A xente quere que o nacionalismo forme parte do Goberno desta cidade, porque é garantía de saber facer, de honradez, de rigorosidade no traballo e de compromiso.
Santiago de Compostela precisa un impulso a nivel de oportunidades de creación de emprego, unha reordenación do tráfico rodado e o compromiso político entre as distintas administracións no ámbito das infraestruturas, para que poida ser un motor económico, social e cultural do País. "As novas tecnoloxías non están rifadas cos libros, coa música ou cos amigos"
5- Que tal se leva que vostede coas novas tecnoloxías…
Ben, utilizo o Facebook e o Twitter, nos que dou conta da actividade política. Uso unha Blackberry que me permite estar informado en todo momento e tamén manexo o ordenador, creo que son unhas ferramenta de traballo máis neste tempo no que a inmediatez informativa é importante para desenvolver o labor político. Aínda así, non creo que as novas tecnoloxías estean rifadas cos libros, coa música, cos amigos e amigas ou mesmo coa natureza. Son un instrumento máis ao servizo dos usuarios e das usuarias, non un fin en si mesmo.
6- ¿Cómo está a ser este tempo que transcorreu desde que o elixiron como
candidato a alcaldía?
A verdade é que estou moi satisfeito co traballo que realizamos os membros da candidatura do BNG, hai boa sintonía porque coincidimos en considerar que esta precampaña debe estar centrada en escoitar á xente, en definir as propostas de cada quen para o futuro, en explicalas, debatelas e compartilas. Así, celebramos os chamados “cafés para cinco”, cos que compartimos as inquedanzas da xente que quere coñecerme como candidato; encontros sectoriais con colectivos sociais asentados na cidade e, sobre todo, o intercambio de propostas para introducir no programa co que gobernaremos os vindeiros catro anos.
7- ¿Debeu vir Zapatero a Santiago durante o Xacobeo?
O Xacobeo demostrou que non foi a panacea para Santiago, que viñese ou non Zapatero foi indiferente.
8-Por último, dígame tres cousas que pode aportar o Bloque a esta cidade
A primeira, unha clara vocación de crear emprego; a segunda, potenciar os servizos sociais, públicos e de calidade; e a terceira, a identidade: o orgullo de ser galego, santiagués e universal.




