ANOSAGALICIA

Información da nosa terra

Sáb05192012

Last update09:46:00 AM

Publicidad
publidcha

“O BNG ten que abrise a sociedade e respectar o pluralismo”

rosendocovelo

Entrevistamos o vicesecretario xeral do PNG-PG, Rosendo Covelo, que analiza o debate existente no BNG e o vindeiro Congreso do seu partido integrado no Bloque.

O vicesecretario xeral e responsable da área de Organización do Partido Nacionalista Galego, integrado no BNG, respostou as preguntas que lle plantexamos desde Anosagalicia. Rosendo Covelo, protagoniza este Ciberdiálogo.

ENTREVISTA A ROSENDO COVELO (PNG-PG)

P- A pesares de que ó mellor o traballo do PNG-PG non ten moita repercusión, o partido goza de boa saúde. ¿Non sí? ¿Mellorou moita a implantación nos últimos anos?

Efectivamente, dentro das posiblidades que temos penso que fixemos un esforzo por mellorar a implantación pero aínda queda traballo por facer en algunhas zonas do País, mais somos optimistas e seguimos a traballar no espallamento do PNG-PG con ilusión.

 

2- Precisamente celebran próximamente un Congreso.¿Unha cuestión rutinaria ou pretenden afrontar algún novo reto?

Este Congreso é ordinario e tocaba xa segundo os estatutos, xa que as persoas que integramos a dirección actual estabamos en funcións dende o pasamento de Xosé H. Rguez Peña. De todos os xeitos, imos aproveitar a celebración deste VIII Congreso para achegar á sociedade galega un proxecto centrado en Galicia e as súas xentes, máis aínda tendo en conta a situación actual de crise que estamos a padecer.

 

3-¿Cómo ve o debate aberto no seo do BNG?

Coma un proceso que debe servir para afortalar ao nacionalismo e ofrecer alternativas para o´País, con dous piares fundamentais: apertura á sociedade galega no seu conxunto e respecto polo pluralismo existente no nacionalismo. Só así, a vindeira Asemblea do BNG será exitosa. 

 

Os principios do liberalismo social e da socialdemocracia do PNG non deben de chocar coa UPG  sempre a cando o BNG funcione como unha organización plural, entende Covelo

 

4- ¿Esa liña marcada por vostedes entre o liberalismo social e a social democracia non choca con postulados como os da UPG?

Non debe ser así, sempre e cando o BNG funcione coma unha organización plural, na que todas as sensibilidades teñan cabida con lealdade e compromiso a prol de Galicia.

 

5- Hai quen opina que en Galicia necesítase unha forza de centro nacionalista. Supoño que non estará dacordo ....

Entendemos desexable é a unidade do nacionalismo e loitaremos por ela, mais pensamos que a presenza dun nacionalismo moderado, aberto á sociedade e  non dogmático é fundamental para este País e o PNG-PG estará sempre aberto a iniciativas encamiñadas á defensa deste espazo político que coidamos é demandado pola sociedade galega.

 

6- ¿Seguen vixentes os postulados de Castelao, Bóveda e Otero Pedraio?

Hoxe máis que nunca, os postulados do galeguismo histórico están plenamente vixentes. Cómpre afortalar o autogoberno para conseguir mellores cotas de benestar para os galegos e galegas.

 

7- Agradecemos a súa colaboración e deixámoslle este espazo por se quere engadir algo...

Máis nada, simplemente agradecerlles a posibilidade que nos ofrecen de dar a coñercer á nosa sociedade este proxecto

Publicidad
publidcha
Publicidad
publidcha
Publicidad
publidcha

OPINION

CULTURA

TECNOLOGIA

EXTERIOR

MULTIMEDIA

CONFIDENCIAL