“Queremos un debate serio no Partido Socialista”
- Detalles
- Categoría: Ciberdialogos
- Publicado en Miércoles, 03 Agosto 2011 22:16
- Escrito por editorialweb
A secretaria xeral das Xuventudes Socialistas de Galicia, María Torres concedeu unha entrevista a Anosagalicia, na que analiza as propostas de renovación no PSOE.
P-¿En que consiste, en liñas xerais,o cambio de rumbo que pedides no PSOE?
O cambio que pedimos non é máis que darlle voz dentro do PSdeG a moitas das reivindicacións que levan catro meses percorrendo as rúas de toda España. Pedimos un cambio nas estructuras de participación democrática tanto no seo dos partidos políticos como das institucións, que permita que a nosa sociedade poida participar efectivamente na toma de decisións. E importante ter en conta que a sociedade mudou durante estes anos de democracia e as estructuras permanencen estancadas como hai case 30 anos.
P-¿Estades esperanzados que en haxa cando menos un debate a fondo entorno as vosas propostas?
Por suposto, creo que o debate está xa enriba da mesa. E neste senso creo que o papel que os mozos o mozas do psdg debemos de cumplir neste proceso de reflexión debe ser moi importante. Por iso propoñemos abrir debates serios sobre determinadas cuestións (unhas seguramente máis factibles de conseguir que outras) como a maioría de idade, a representatividade nos Parlamentos e Concellos, os instrumentos de oarticipación política...que estamos seguros que contribuirán a ir matizando e mesmo cambiando pouco a pouco moitas formas de ver as cousas.
P-¿Creedes que Pachi Vázquez debe de ser o candidato do PSG as eleccións da Xunta?
Non creo que sexa o momento de abrir o debate sobre quen sexa o candidato do PSdeGnas vindeiras eleccións autonómicas, e menos cando temos a tres meses vista un proceso duro e que vai a precisar todo o esforzo do socialismo galego. Dito isto, seremos os militantes do PSdeG quenes decidamos a través das canles democráticas das que nos temos dotado quen será o noso candidato ou candidata e aí será cando se coñezan nomes, proxectos, ideas...
P-Aínda que as vosas reivindicacións van lóxicamente dirixidas o PSOE, o mellor necesítase un maior compromiso coa xuventude en toda a clase política en xeral….
Totalmente de acordo, de feito as nosas reivindidacións van máis aló do PSdeG. Evidentemente hai unha cuestión de ámbito interno que nós decidimosfocalizar cara as estructuras do PSdeG, por unha cuestión de autocrítica responsable. Pero tamén facemos reivindicacións no ámbito institucional; na forma na que os concellos, comunidades, estado....dan participación á sociedade e especiamente á mocidade. E seguramente é aí onde se pode garantir que a sociedade poida participar das tomas de decisións políticas, porque para un cidadán non ideoloxizado é máis sinxelo achegarse a un concello que a un partido político.
Os mozos e mozas son metidos na mesma burbulla protectora que hai 30 anos ata que cumpren os 18 sendo moitas veces criminalizados e estigmatizados sen que se lles pregunte ningunha das decisións políticas que se dirixen a eles. Nós queremos que sexan copartícipes da realizade que viven, queremos que participen da elaboración, implementación e avaliación das políticas que lles afectan...Queremos, en definitiva que se xenere unha cidadanía coparticipe e responsable dende a mocidade. Precisamente por isto, queremos abrir o debate sobre a rebaixa da maioría de idade ós 16 anos.




