| Despois de Touriño, toca sumar ideas |
|
|
|
| viernes, 13 de marzo de 2009 | |
|
O PSdG-PSOE quere reflexionar logo da súa experiencia no goberno da Xunta. Unha acción de goberno mediante a que non se conseguiron medrar nin un só escano. Agora queren sumar ideas e profundizar no debate.
Emilio Pérez Touriño non poido continuar coma Presidente e mantivo os escanos que obtivera no 2005. Non logrou conectar co electorado e decidiu abrir a porta a un cambio no timón do PSOE galaico, e con toda probabilidade a Manuel Vázquez. A renuncia de Touriño activou o debate no partido. Un grupo de socialistas impulsaron un manifesto de debate na rede, que se pode encontrar na web www.sumandoideas.net. Día a día aumenta o número de personas que respaldan coa súa sinatura este documento. Este manifesto aposta por “facer unha serena pero profunda renovación das estructuras organizativas”, para convertir o PSOE na forza maioritaria de Galicia. E consideran que o primeiro paso é o debate de cara o Congreso Extraordinario do 25 de abril. “Sumando Ideas” apostan polo socialismo e o galeguismo coma referencias ideolóxicas esenciais, coa defensa dunha sanidade e dun ensino públicos de calidade. Defenden unha Galicia onde se fale o galego e o castelán e se fomenten os hábitos democráticos. E tamén fan fincapé na necesidade da regulación transparente das axudas públicas ó mercado da información e da comunicación. Cren que o socialismo galego ten que estar mellor conectado coa sociedade civil e afirman que necesitan experiencia e renovación para ser unha alternativa firme de goberno.
|
| < Anterior | Siguiente > |
|---|









