00:27:32

Sube

Camiño de Santiago

O Camiño xacobeo segue sendo un vieiro ancestral de cultura e comunicación. Unha fonte espiritualidade e riqueza

Baja

Medios en Internet
No es una buena noticia que cierren medios como en la red como Vieiros. La labor es importante pero los apoyos pocos
Advertisement
Advertisement

RSS

Carlos Aymerich & Guillerme Vázquez, os cracks do nacionalismo PDF Imprimir E-Mail
Calificación del usuario: / 2
MaloBueno 
lunes, 23 de noviembre de 2009

Aymerich e Guillerme
Aymerich e Guillerme
Carlos Aymerich a Guillerme Vázquez son os dous homes fortes do nacionalismo galego. E aínda que son do BNG, representan dous posicionamentos ben diferenciados.

 

 Máis BNG organizouse coma corrente. Os seus membros están preparándose para un posible pulso coa veterana U.P.G. que ven marcando a pauta e o ritmo da partitura que interpreta o Bloque Nacionalista Galego.

O líder de Máis BNG lanzou a proposta da celebración dunha Asamblea Nacional para o 2010. O seu propósito é fortalecer o organización, pero xa hai quen cree que despois de ensinar músculo na xuntanza  de Compostela, Carlos Aymerich está disposto a medir as súas forzas coa emblemática Unión do Povo Galego. Evidentemente a idea parece estar clara.

No seu discurso Aymerich, falou de ampliar o espectro do nacionalismo de esquerdas cunha proposta moi socialdemócrata que se distancia máis dos postulados marxistas da “U”. Desde a asamblea do Bloque, xa quedaba claro que o importante respaldo da opción Aymerich podería derivar na estructuración interna en corrente ou , nun futuro, ata nun partido político dentro da formación frontista.

A batalla política non cesa e cadaquén move as súas fichas. De momento a U.P.G. controla as decisións, tendo coma cabeza visible a Guillermo Vázquez, portavoz nacional. Pero Carlos Aymerich ten unha grande dose de protagonismo, xa que é o voceiro parlamentario e ten tribuna mediática asegurada. Son os dous referentes do nacionalismo galego, que buscan o timón. Guillermo coa máxima autoridade pero sen escano, Aymerich con escano  e voz  pero sen o bastón de mando. E por detrás, o profesor Beiras presidindo o think-thank da organización.

 
< Anterior   Siguiente >

Un poco de humor . . .

Mira esto . . .

Escucha esto . . .