“Non podemos malgastar a auga”
- Detalles
- Categoría: Noticias
- Publicado en Miércoles, 22 Febrero 2012 16:43
- Escrito por editorialweb
O Presidente da Xunta advirte da necesidade de tomar medidas ante un inverno seco.
Alberto Núñez Feijoo fixo un chamamento a responsabilidade para que non haxa problemas abastecemento de augas en Galicia, mediante un consumo racional.
As escasas choivas fan probable que poida haber problemas en poboaciós rurais se ben “ningún sistema de abastecemento ás grandes cidades galegas está en risco”.
“Ante esta inusual situación estamos vixiantes da evolución dos datos e niveis dos embalses e en permanente contacto coas entidades locais;
e, en algún concello xa iniciamos algunha obra de emerxencia para garantir o abastecemento a núcleos de poboación determinados” salientou o Presidente da Xunta.




