Os Irmandiños abandonan o BNG
- Detalles
- Categoría: Noticias
- Publicado en Lunes, 13 Febrero 2012 10:26
- Escrito por editorialweb
O BNG perde a unha das súas forzas integrantes. Os Irmandiños de Beiras vánse.
A fractura do BNG consumouse coa marcha do Encontro Irmandiño, e deixa a fronte nacionalista nunha complexa situación, con afiliados de relevancia que xa se foron(Teresa Táboas ou Pérez Bouza) e sen a terceira corrente en número de apoios nunha organización que ata agora levou a voz do nacionalismo galaico.
A decisión foi tomada por aclamación e suporá o nacemento dunha nova marca política nacionalista de esquerdas en Galicia. Para o Encontro Irmandiño era “inverosímil a rexeneración” do BNG e polo tanto renunciar a súa militancia.
A nova proposta consiste en “Construír conxuntamente con todas aquelas persoas que estean a prol dunha nova organización política desas características unha fronte ampla nacionalista, plural e co centro de gravidade na esquerda”.
No texto aprobado tamén acordan “Proceder a propiciar a converxencia de todas as persoas que así o manifesten, nomeadamente as que partillaron connosco no BNG a defensa da tese“Novo Proxecto Común para a refundación e rexeneración do BNG”e desexen acompañarnos nesta tarefa urxente”.
E a partires de agora comenzarán a súa desvinculación co BNG.




