ANOSAGALICIA

Información da nosa terra

Sáb05192012

Last update09:46:00 AM

Publicidad
publidcha

APU pecha filas a carón de Guillerme Vázquez

guillermeallariz

Piden respecto, debate interno e lealdade a organización. Nota de prensa no interior.

A alternativa pola unidade (APU) formada pola UPG e por independentes, defende a veracidade da información dada polo portavoz nacional, Guillerme Vázquez, despois do Consello Nacional.

 

Reproducimos a nota de prensa íntegra difundida pola A.P.U.

A Alternativa pola Unidade, candidatura que concorreu á 12 Asemblea Nacional do BNG e que está formada por militantes independentes e da Unión do Povo Galego, quer manifestar o seguinte:


1.- Na súa comparecencia do sábado ante os medios, o portavoz nacional do BNG, Guillerme Vázquez, transmitiu con absoluta corrección os acordos adoptados polo Consello Nacional.A información trasladada á prensa polo portavoz nacional do BNG sobre as conclusións, após un longo e intenso debate, do Consello Nacional axústase ás palabras que el mesmo pronunciou ao remate da quenda de intervencións na reunión do máximo órgano da fronte, sen que ninguén as puxese en cuestión. A principal conclusión foi que a actual Executiva e o portavoz nacional seguían até a celebración da Asemblea Nacional a fins de xaneiro de 2012. Ninguén pediu unha votación a este respecto, como todos, coa súa palabra ou o seu silencio, descartaron tomar en consideración a posta á disposición do Consello Nacional do seu cargo por parte do portavoz nacional.


2.- A Alternativa pola Unidade valora moi positivamente o labor feito polo portavoz nacional do BNG durante a recente campaña electoral e manifesta a súa satisfacción porque ese traballo, unido ao das candidatas e dos candidatos e ao de miles de afiliadas e afiliados do BNG, permitise o cumprimento do obxectivo principal co que o nacionalismo galego afrontou a campaña: o de manter a representación de Galiza no Congreso dos Deputados.


3.- A Alternativa pola Unidade reitera a súa aposta pola unidade do nacionalismo galego e a súa convicción de que os debates deben darse sempre nos órganos do BNG, sempre desde a lealdade á organización e desde o máis escrupuloso respecto a todos os compañeiros e compañeiras, a comezar pola persoa que, en función da vontade maioritaria da militancia, expresada na última Asemblea Nacional de Maio de 2009, ostenta a portavocía naciona

Publicidad
publidcha
Publicidad
publidcha
Publicidad
publidcha

OPINION

CULTURA

TECNOLOGIA

EXTERIOR

MULTIMEDIA

CONFIDENCIAL