"Só recibimos insultos groseiros dalgún conselleiro e ameazas"
- Detalles
- Categoría: Noticias
- Publicado en Jueves, 04 Agosto 2011 16:10
- Escrito por editorialweb
No seu último número en papel, a Directora de Xornal fai un axuste de contas. Refírese a ausencia de axudas públicas o seu proxecto ó maltrato recibido desde a Xunta.
María M. Val asinou o seu último artigo na edición en papel de Xornal de Galicia apelando a continuidade do proxeto en internet e a dignidade dos profisinais deste medio.
E tamén axustando contas. A Directora do xornal autodefinido como galeguista e progresista, alude a opinión que existe sobre a súa ligazón co BNG.
“Dixeron que éramos o diario do BNG, Belcebú!.E para moitos sí fomos o diario do Bloque menos para o Bloque, e para moitos fomos o diario do PSOE menos para os socialistas e se o PP estivese na oposición , moitos dirían que somos o diario dos populares, menos os conservadores”.
María Val denuncia insultos e ameazas desde a Xunta
Val manifesta que non se lamentan das subvencións públicas “porque nunca as tivemos”. É o que é peor, segundo esta xornalista o diario só recibiu desde a Xunta de Galicia un certo maltrato encarnizado nos “insultos groseiros dalgún conselleiro personalizados nos noso redactores”.
Tamén fan referencia “as ameazas dalgún xefe de prensa da Xunta”. Con un “Adeus e Grazas. Vémonos na rede” deixaba este medio os kioskos. Continúan na rede, porque como reflexiona María M. Val “O que conta non é o soporte é a mensaxe”




