ANOSAGALICIA

Información da nosa terra

Sáb05192012

Last update09:46:00 AM

Publicidad
publidcha

“O BNG segue nun devalo electoral continuado”

Mario López

Un dos dirixentes históricos do nacionalismo, Mario López Rico, alerta da mala situación do Bloque, e aposta pola refundación. 

“Non é moito pero a caída continúa” opina Mario López Rico. As malas perspectivas do CIS no son un veredito definitivo para o BNG pero si remarcan unha tendencia negativa continuada.

“O problema faise patente porque o BNG segue nun devalo electoral continuado, contido pero sistemático e teimudo” advirte este membro do Encontro Irmandiño. Desde o sector liderado por Xosé Manuel Beiras insisten en reclamar unha reflexión seria e apostan pola refundación.

López Rico asegura que no BNG, o control cínguese a UPG e a Máis Galiza. Para él, os primeiros mantén unha “burocracia útil” para o control do BNG, e ós segundos repróchalles que non souberan exercer de contrapunto a forza que sostén o temón. A refundación e o asamblearismo son o antídoto para evitar a caída libre do BNG.

“Esta é a derradeira oportunidade do BNG” apunta López Rico.

Publicidad
publidcha
Publicidad
publidcha
Publicidad
publidcha

OPINION

CULTURA

TECNOLOGIA

EXTERIOR

MULTIMEDIA

CONFIDENCIAL