Xornal.com ten data de caducidade
- Detalles
- Categoría: Digital
- Publicado en Lunes, 19 Septiembre 2011 19:39
- Escrito por editorialweb
Seguen os problemas para os medios, e máis para os que non reciben cuantiosas subvencións dos gobernos.
Xornal.com leva trece anos na rede sendo un referente da información en Internet. Pero ten as horas contadas. Un confidencial de PRNoticias destapou o que se viña xestando, e que posteriormente xa foi confirmado,
Incluso o BNG xa lamentou públicamente o seu feche e o grande efecto directo: Case 40 traballadores que quedan na rúa. Xunto con isto a sempre lamentable perda dun medio.” O BNG constata que desde que o PP goberna Galiza cada día hai menos presenza da lingua galega e cada vez hai menos pluralismo nos medios de comunicación do País”.
Recentemente pechaba a súa edición en papel. Parece ser que os malos resultados económicos da cabeceira escrita tiñeron un efecto demoledor nesta veterana web, que se une a outras como Vieiros, tamén desaparecido.
O Xornal ten as horas contadas. Entra na súa recta final.




