“Galicia é cada vez máis pequena”
- Detalles
- Categoría: Cultura
- Publicado en Viernes, 14 Octubre 2011 18:37
- Escrito por editorialweb
Manuel Rivas reflexiona sobre unha Galicia da que “Cada día desaparece un cacho”.
O escritor e xornalista Manuel Rivas fai nas páxinas de El País unha reflexión sobre o que chama a “Galicia desaparecida”, apuntando temas de actualidade como a problemática dos presentadores da TVG.“Se desaparecen os bós presentadores de televisión, como Alfonso Hermida e Ana Pérez, o que non estará a pasar no país invisibel” escribe Rivas.
Percibe un país do que “Cada día desaparece un cacho” . Alude o idioma de Rosalía: “Pasamos de ter un idioma propio a ter un problema lingüistico”. Lamenta que só agardrmos polo AVE cando “En ningunha cidade galega se está a construir o tranvía e nas áreas matropolitanas os concellos de taifas son incapaces de poñerse de acordo para o transporte público”.
Rivas Barrós menciona como símbolos do noso retroceso a desaparición da Sala Nasa e do Códice Calixtino para apuntalar de novo a polémica da TVG e do sistema bancario:
“Ao seguinte bas o caixeiro e xa non hai sistema financieiro galego. E agora? Pois vas a pantalla e xa non hai presentadores.




