15:43:07

Sube

Camiño de Santiago

O Camiño xacobeo segue sendo un vieiro ancestral de cultura e comunicación. Unha fonte espiritualidade e riqueza

Baja

Medios en Internet
No es una buena noticia que cierren medios como en la red como Vieiros. La labor es importante pero los apoyos pocos
Advertisement
Advertisement

RSS

A historia do axente Anido. Un topo en ETA. PDF Imprimir E-Mail
Calificación del usuario: / 5
MaloBueno 
miércoles, 13 de mayo de 2009

Hoxe quero determe noutra historia que me chama a atención. A arriscada misión que desenvolveu durante varios anos, José Antonio Anido Martínez, oriundo xalleiro, infiltrado en ETA.

O noso protagonista  era fillo de emigrantes de Santa Comba que se estableceron na cidade francesa de Estrasburgo.  José Antonio, que naceu en 1968, ten pasado estadías no concello onde naceran os seus pais, e co paso dos anos acabou optando pola formación militar convertíndose en Garda Civil, e recibindo logo unha preparación nos corpos de élite e cumprindo cos requisitos para poder acometer  misións de alto risco, entre elas labouras de infiltración.  Logo do traballo preparatorio chegaba o seu reto. O axente Anido ía a tentar introducirse na banda Etarra. E así creou a personaxe de Joseph Anido, un obxetor de conciencia, que fuxira a Francia, e que agora contactaba con círculos antimilitaristas en Baiona. Dominaba o idioma francés e isto  permitiulle  unha mellor introducción no territorio contrario.  Pouco a pouco, foi adentrándose no mundo abertzale ata convertirse nun membro máis de organización terrorista. No ano1989,con aproximadamente 21 anos, comezou a tecer a rede de información directa desde ETA ata os servizos secretos españois, agrupados no entón chamado CESID. Os anos de formación de Anido e as súas propias cualidades de supervivencia e captación de datos serviron para que durante uns seis anos os terroristas vascos contaran cunha potente vía de auga na súa estructura. Entre o ano 89 e o 95, Joseph Anido desenvolveu unha impresionante actividade coma “topo” chegando ata a cúpula da organización. Ata se converteu no chófer de Mikel Albizu Iriarte, “Mikel Antza” que  no 1993 asumiu a dirección do aparato político de ETA. Moito mérito ten para un infiltrado non espertar desconfianzas pero xa é unha auténtica heroicidade chegar onde chegou este oriundo xalleiro. Por certo, podemos corroborar que Anido nunca ocultou a súa orixe galega.

 

A historia podería seguir outro vieiro, pero son cousas do destino. Non foi un erro humano, nin unha traizón dos nervos, foi simple e duramente a casualidade a que acabou con esta impresionante aventura. Uns efectivos da loita armada vasca visitaron o domicilio dos pais de Anido Martínez en Estrasburgo. Froito dun descoido dos seus proxenitores,  os visitantes observaron como locía unha foto do seu  “compañeiro” Anido vestido de Garda Civil, na foto da xura da bandeira. O seu colega vestindo o uniforme do eterno rival.Esta imaxe debeu de atragantar ós terroristas que marcharon sen perder un segundo, despois desta reveladora visión. Joseph era un axente da Garda Civil española.

Alí rematou a súa historia coma eficaz infiltrado e se iniciou unha nova e se cadra máis dura longa noite de pedra,como diría o poeta. Os terroristas deron a voz de alarma, pero a súa repentina fuxida, fixo reaccionar ós  pais de José Antonio, que se percataron do feito e rápidamente informaron ó seu fillo do que sucedera.  Isto sucedía en maio de 1995. Os terroristas difundían unha nota de prensa no diario EGIN para denunciar “un serio intento” de infiltración. Precisamente, unha parte desa foto é a que publico hoxe neste blog.José Antonio Anido Martínez lograba fuxir do inferno que se lle abría,  e despois de varios destinos foi trasladado a Colombia, onde iniciou unha nova misión, coma axente destinado a embaixada española deste país. Usaba agora o seu segundo nome e os segundos apelidos dos seus pais. Sen dúbida que pasaría desapercibido senón fora por un suceso que tiña lugar o 27 de novembro de 1998. En Colombia foi víctima dun tiroteo, onde morreu un compañeiro seu. Pero o xalleiro logrou unha vez máis sobrevivir. Pero esta xa é outra historia.

 (A Foto foi extraida da imaxe difundida naqueles anos de Anido no xornal Egin)

XOSÉ MANUEL LEMA

 

 
< Anterior   Siguiente >

Un poco de humor . . .

Mira esto . . .

Escucha esto . . .