16:37:03

Sube

Camiño de Santiago

O Camiño xacobeo segue sendo un vieiro ancestral de cultura e comunicación. Unha fonte espiritualidade e riqueza

Baja

Medios en Internet
No es una buena noticia que cierren medios como en la red como Vieiros. La labor es importante pero los apoyos pocos
Advertisement
Advertisement

RSS

O alcalde de Vimianzo, suspendido de militancia PDF Imprimir E-Mail
Calificación del usuario: / 7
MaloBueno 
jueves, 26 de marzo de 2009

Alejandro Rodríguez Lema, veterano alcalde de Vimianzo desde fai máis de 20 anos foi suspendido de militancia por decisión de Executiva federal do PSOE, segundo adiantou o xornal El País.

A noticia publicábase na edición galega de El País este 26 de marzo e asegura que a Comisión Executiva federal do PSOE  decidiu suspender de militancia ó alcalde vimiancés. Segundo este medio a gota que colmou o vaso foi que nas pasadas eleccións o rexedor fixera campaña en contra do BNG, socios do bipartito, e pedira o voto “para o PSOE ou para o PP”.

A primeiras horas da mañán, o alcalde de Vimianzo  aseguraba estar moi tranquilo e rehusaba facer ningún tipo de comentario ó respecto, non querendo entrar a valorar esta noticia e asegurando que non había recibido ningunha comunicación ó respecto.Non obstante, Anosacosta.com pode adiantar que Rodríguez Lema presentará as oportunas alegacións cando teña esta confirmación nas súas mans.

O FUTURO COMPLEXO PARA O PSOE EN VIMIANZO

O PSOE contaba con seis concelleiros en Vimianzo e goberna en minoría con pactos puntuais co Partido Popular. Estes “acordos” foron o detonante das discrepancias. A edila socialista Lourdes Pérez Espasandín pasábase o grupo dos non adscritos, e a concelleira de Cultura, Nieves Lema Vilariño mantiña a súa oposición a esa liña política. Despois das eleccións autonómicas, desde o PSOE galego iniciaban un expediente informativo ó alcalde por unhas declaracións explosivas en Radio Obradoiro. Rodríguez Lema reaccionaba apartando do goberno a edila discrepante Nieves Lema Vilariño. Tamén é público o distanciamento político por parte do alcalde, con respecto a secretaria comarcal e deputada, Marisol Soneira Tajes. En cambio Lema Vilariño considérase unha persona próxima a Soneira.

Os outros tres concelleiros do PSOE en Vimianzo apoian ó alcalde. José Manuel Rodríguez, José Antonio Miñones, Claudio Pereira e a maioría dos militantes apoian a Alejandro Rodríguez. Estes tres edís ligaron o seu futuro dentro do Partido Socialista ó destino que corra Rodríguez.

 

 
< Anterior   Siguiente >

Un poco de humor . . .

Mira esto . . .

Escucha esto . . .