| Aymerich manda retirar un artigo na web |
|
|
|
| jueves, 29 de julio de 2010 | |
|
Carlos Aymerich mandou retirar un artigo seu reproducido en Galicia Confidencial.
Foi sorprendente. Nun medio de comunicación nada sospeitoso de ser antinacionalista nin nada polo estilo, como o que representan os compañeiros de Galicia Confidencial, o voceiro parlamentario do BNG, Carlos Aymerich Cano ordeou retirar un artigo seu publicado na páxina de Máis Galiza. Sorprende a actitude de Aymerich, xa que non é frecuente que os políticos se opoñan a difusión das súas ideas e reflexións noutros medios. Lonxe de facer algún comentario a esta falta de colaboración social a web limitouse a pedir desculpas. Afirman que é a primeira vez que pasa, pero parece ser que esta “retirada” non merece ningún comentario a maiores. Cando menos chama a atención. |
| < Anterior | Siguiente > |
|---|









