Los piropos de Pachi no salvan a Teresa

Los piropos de Pachi no salvan a Teresa

La candidata “Cañón” de Touriño, piropeada por Pachi Vázquez abandona.

Llega el boicot a la industria láctea

Llega el boicot a la industria láctea

El 8 de septiembre comienza un boicot a Lactalis, Leche Río y Leche Celta.

Moreda, en uno de sus laberintos políticos

Moreda, en uno de sus laberintos políticos

Moreda visitó Vimianzo, donde los socialistas están en pie de guerra.

Conflicto co cura en Santa Comba PDF Imprimir E-Mail
Calificación del usuario: / 3
MaloBueno 
jueves, 21 de enero de 2010

Comisión de Afectados
Comisión de Afectados
Santa Comba vive unha potente polémica, logo de que o seu cura se negara a soterrar a unha veciña do pobo.

 

A NEGATIVA DO CURA DE SANTA COMBA A SOTERRAR A UNHA VECIÑA PROVOCA UNHA AGRIA POLÉMICA

 A negación do párroco José María Pintos a acompañar no soterramento a difunta Celia aínda supura días despois en Santa Comba. Unha ferida demasiado grande como para pecharse ós poucos días de que sucedera. Non se fala doutra cousa no pobo, e as cámaras de televisión e os xornalistas son habituais moradores dos entornos do cemiterio.

Este pasado martes 19 de xaneiro, celebrábase o funeral dunha veciña de Santa Comba. A noticia saltaba cando o cura xalleiro e Arcipreste de Céltigos negábase a acompañar o cadáver e os seus familiares, nos últimos momentos.

As cousas terrenais as veces mixtúranse coas do ceo, e Celia  quedou sen a derradeira oración, polo pecado de ter un dos panteóns no cemiterio novo. Un grupo de veciños tomou a decisión de introducir o ataude no seu nicho, ante o desconsolo do viúvo, Manuel Suárez que non entende a actitude do párroco, que alegou unha situación de ilegalidade para poder participar na sepultura, cando nese mesmo cemiterio e nos nichos da polémica hai personas que recibiron o seu adeus cristiano.

Non sabemos o que opinarán as autoridades eclesiásticas, pero a decisión do cura José María Pintos causa recelo na capital do Xallas. Tódalas personas coas que falamos critican a súa actitude, e algunhas optan polo silencio. Pero a inmensa maioría creen que este foi un capítulo excesivo “e don José María pasouse catro pueblos” ou pensan que “non me extraña que cada vez a xente vaia menos as igrexas”.

Citámonos nun bar a excasos metros da igrexa parroquial, con membros da comisión de afectados pola ampliación do cemiterio. Seis personas ó noso redor, que expresan o seu malestar co sucedido. O portavoz da comisión de afectados rexeita a determinación tomada polo párroco:

“Foi unha verdadeira catástrofe porque con seres humanos mortos, non se pode facer un abuso de poder como fixo o cura párroco de Santa Comba”


Rafael Suárez afirma que os veciños sentiron unha mezcla de rabia e impotencia e confesa que “Nunca pensei que o cura fixera isto cun cádaver diante dos seus narices”. Considera unha “provocación” que o Sr. Pintos se negara “a acompañar un defunto” e confirmaba a presentación dunha querella contra o párroco xa que “foi un acto moi desgraciado e nós non podemos admitir este abuso de poder”.

Despois e escoitar a Rafael, tamén escoitamos voces que desde a comisión critican a actuación da Funeraria Carracedo e do que actuaba como Presidente da comisión parroquial e exalcalde de Santa Comba, José Manuel Arufe Rieiro “que agora se esconde”. Porque no fondo latexa o famoso conflicto dos nichos da ampliación do cemiterio xalleiro. Os propietarios afirman que “Nos non nos negamos a terminar o pago pero queremos que terminen as obras. Así foi o que  tratamos.A culpa é do cura e do constructor que non queren facer as cousas”.

As explicación do cura para non acompañar a defunta por presunta situación de ilegalidade tampouco a entenden, xa que en base a esas afirmacións:

“O primeiro que cometeu a ilegalidade foi o cura, el axudou a vender os panteóns  e xa fixo 24 enterramentos”. Os nervos afloran a medida que avanza a conversación, pero Rafael Suárez asegura que seguirán coa súa particular loita e  “Imos tirar para adiante ata que se pronuncie un xuiz”.

 

Máis información en www.anosacosta.es

 

 
< Anterior   Siguiente >

Un poco de humor . . .

Mira esto . . .

Escucha esto . . .