00:13:15

Sube

Camiño de Santiago

O Camiño xacobeo segue sendo un vieiro ancestral de cultura e comunicación. Unha fonte espiritualidade e riqueza

Baja

Medios en Internet
No es una buena noticia que cierren medios como en la red como Vieiros. La labor es importante pero los apoyos pocos
Advertisement
Advertisement

RSS

“Non se podía ter un barco con dous timóns” PDF Imprimir E-Mail
Calificación del usuario: / 3
MaloBueno 
jueves, 05 de marzo de 2009

“Non se podía ter un barco con dous timóns”

Carlos Negreira, Presidente Provincial PP A Coruña
Carlos Negreira, Presidente Provincial PP A Coruña

Encabezou a candidatura do Partido Popular por A Coruña, onde liderou un aumento moi importante e chegou a acta de deputado número 12. Ademáis é Presidente provincial do partido e un dos homes fortes e de confianza de Alberto Núñez Feijóo. Aquí ofrecemos o seu ciberdiálogo:

P-Gustarianos que agora un pouco máis en frío, nos fixera  unha valoración dos resultados
R-Estamos satisfeitos co que votou a cidadanía e que houberan percibido que o do Partido Popular era o mellor proxecto para estos momentos de crise. Tamén estamos cheos de responsabilidade para superar esta situación económica tan difícil. Hai que parar a sangría do paro. Ese é o gran problema. Nos cen primeiros días de goberno imos sacar un plan de choque que necesitamos.

P- Na provincia da Coruña acadou uns excelentes resultados.
R- Foi froito de case catro anos apegados a xente, dialogando coas persoas e vendo os seus problemas. Os responsables dos 94 municipios traballaron. Non se podia ter un barco con dous timóns  e hai que ter un goberno para todos , non só para os do BNG ou os do PSOE.

P- Teñen un importante e duro traballo por diante no mundo rural.
R- Sí e somos conscientes. Hai problemas no campo, co prezo do leite, da carne, ou da madeira, e hai que darlle calidade de vida o rural. A xente do mar ten problemas pero nesta lexislatura devolvéronse cartos. Imos a tentar que volva Pescanova a Touriñán. Hai que poñer o noso peixe en liña de saída e non coma este anterior goberno que apostaba polo peixe panga nas escolas e nos hospitais.

P- En varias localidades da Costa da Morte houbo un rexeitamento considerable ó Plan Acuícola. Vostedes prometeron a supresión de varios proxectos.
R-O Plan acuícola que contempla as plantas de Merexo, Camelle e Seiruga non vai ir adiante, Tal e como prometemos. A acuicultura ten que ser unha fonte de emprego pero con consenso, e non en contra dos veciños.

P- Núñez Feijóo parece que aposta pola austeridade en tempos de crise.
R-É fundamental recuperar a austeriade e o primeiro que se ten que apretar o cinturón e o goberno e a administración pública. Hai partidas nas que se pode aforrar e quitar gastos superfluos e iso hai que devolverllo os cidadáns, con ventaxas fiscais ou por exemplo a supresión do imposto de sucesións e donacións. Hai que axudar os autónomos, o pequeno comercio e as pequenas empresas que teñen o 80% do emprego. Esa é a clave.

 
< Anterior

Un poco de humor . . .

Mira esto . . .

Escucha esto . . .