| Recuperando a obra de “Los Hermanos Moreira” |
|
|
|
| miércoles, 17 de junio de 2009 | |
|
As acordións mariñeiras de Los Hermanos Moreira seguen sonando e preséntanse para as novas xeracións, gracias a iniciativa de Ouvirmos co apoio do concello de Ponteceso, que recupera o seu legado nun fabuloso libro-cd.
O célebre conxunto “Los Hermanos Moreira” sae do faiado do esquencemento e abren as súas acordións salgadas cara nós. Unha emotiva lembranza para uns e un fantástico descubrimento para outros. Chegaba esta material as miñas mans, desde as terras pondalianas, remitido polo responsable de comunicación do concello de Ponteceso, Óscar Rey Calo. Unha familia de seis irmáns que chegaron nos anos vinte a Arxentina. Pedro, Manuel e Alfredo abriron unha barbería, onde tamén vendían participacións de lotería. E no sótano artellaron un estudio de gravación. Tiñan a música nos seus corazóns e querían alimentar o cabalo da paixón. A comezos dos anos trinta Pedro e Manuel Moreira comenzaron coas súas actuacións, e coa súa música, como dí un anuncio da época “al estilo de Corme, Lage y Puenteceso”. Xunto cos dous irmáns, había unha terceira acordión. A do laxeiro Germán García Carril. José Campos Barral incorporaríase o conxunto sustituindo o primeiro batería. O cuarteto estivo activo ata 1964, coa morte de Pedro Moreira aínda que seguirían actuando un tempo, pronto se levou a cabo a disolución da banda. Pero antes, deixaron tardes e noites memorables no país austral, e coas súas actuacións na cidade de Bós Aires e arredores. Sobre todo ante os seus paisanos da colectividade galega, como on A.B.C. de Corcubión, a Sociedade Lestrove ou o Centro Betanzos, por citar alguns ejemplos. Foron recoñecidos, queridos, e as súas intervencións no programa radial “Recordando a Galicia” moi seguidas. Tamén tiñeron éxitos as súas grabacións, dúas delas na antiga pizarra de 78 revolucións por minuto, e dous sinxelos de vinilo de 33r.p.m. Calidade musical envolta en morriña, solfas navegando en mares de saudade. E moitos podemos agora descubrir a Los Hermanos Moreira, froito dun completo libro-cd que recolle un feixe de gravacións sonoras orixinais (como a muiñeira do A.B.C. de Corcubión, a Puentecesana, ou o pasodoble Aires de Bergantiños),e incluso unha entrevista ó batería José Campos. Ademáis o traballo recolle a biografía destes ilustres bergantiñáns, fotografías, etc… En definitiva, unha excelente iniciativa que serve para recuperar unha nova singladura, neste caso de excelentes acordionistas bergantiñáns. |
| < Anterior | Siguiente > |
|---|









